Baiuca, Martirio, Uxía, Carmen París e A Pedreira no San Froilán 2023.
Baiuca, 8 de outubro ás 22 h na praza Horta do Seminario

O músico de Catoira é un innovador na  mistura da electrónica e a música tradicional do país e consegue levar as dúas cousas a outro nivel.

Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta fusionar tradición e vangarda. Á música electrónica únenselle Instrumentos e voces tradicionais e todo pasa polo tamiz dos sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Non é so tradición nin é so modernidade, senón un traballo exemplar e fascinante de aleación, integración e sublimación.

Todo isto quedou reflexado na súa primeira entrega: “Solpor” (Raso, 2018). Un traballo realmente espectacular no que atopamos cancións populares –“Muiñeira”, “Arrieiro”, “Mozas” e “Muíño”- e composicións propias como “Solpor” e especialmente “Morriña”, que naceron coa vocación de converterse en clásicos populares e niso andan.  Na gravación contou coas colaboracións de Xisco Feijoó (voz en “Arrierio”) e da Asociación Cultural Xirandela (“Morriña”, “Solpor”).

No 2019 volve á carga con “Misturas” (Raso, 2019). Un EP en el que se acerca al universo de Xosé Lois Romero & Aliboria.

E sobre todo con “Embruxo” no 2021.

No 2022, Baiuca gañou dous Premios da Música Independiente (MIN), un á “mellor gravación de música electrónica” e outro a  “mellor álbum en galego”.

Enredadas Coplas, Jotas y Alalás, 8 de outubro ás 21h na praza de Santa María

Chegan a Lugo o domingo 8 de outubro do 2023, catro cantoras esenciais fusionando estilos e repasando coplas, jotas e alalás. Catro mulleres que, sen perder o seu propio estilo, fúndense nunha aperta musical que é unha delicatessen para os sentidos. «Martirio, Uxía, Carmen París e A Pedreira levan aos escenarios o mellor das súas músicas. 

Con arraigo tradicional e un toque moderno as catro mulleres deixarán un regusto de tradición e modernidade. O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de A Pedreira forman un cóctel explosivo que celebra a madurez destas grandes artistas. Unha orixinal revisión da copla, a jota ou os alalás.