Campaña de crowdfunding para o novo disco de Conducto Coloquio: «Inquisiciones»

O grupo de rock lucense Conducto Coloquio cumpre 10 anos este 2023 e queren sacar novo disco nun ano tan especial. «Inquisiciones» é o nome para o novo álbum para o que piden a túa (a nosa) colaboración para sacalo adiante vía campaña de micromezenago en Verkami.

Nós xa colaboramos, e ti? Veña! Mecenas en 3, 2, 1 …

https://vkm.is/inquisiciones

«A aportación dos mecenas estará destinada a conseguir que “Inquisiciones” sexa o mellor disco que poidamos publicar.»

INQUISICIONES

«Queremos publicar un álbum completo. Un álbum que siga a estela de Distopía pero cun abano máis amplo de influencias e no que contaremos con moitos colaboradores que farán deste un disco redondo. Queremos que Inquisiciones sexa o disco que sempre quixemos facer.»

Colaboran: músicos e cantantes da actual escena lucense:

● Nacho Cuesta (Principio de Parsimonia, Tierra de Cinco Minutos, Sigilu)

Beelattor (SUD-AK’s) 

● Fran Zélop (Una brizna de paja, Filophóbicas

● Silvia Viñas (Jotinho’s, Lonely Tracks, Ship of Fools, Chigliack&Orol, Mixtape, Wireless, Mr. Hathaway, Fast Food)

● Javier Chousa (No Nation, Arizona

● Luis Montero (Patuk Band

…e máis 

Será Iván Ferro quen se poña ós mandos técnicos no seu Kollapse Stvdio para gravar os temas que formarán parte deste traballo.

A creación da imaxe de portada será de DIEGO AS.

«A aportación dos mecenas estará destinada a conseguir que “Inquisiciones” sexa o mellor disco que poidamos publicar.»

Conducto Coloquio

Grupo formado en Lugo no 2013.

En 2015 grava o disco Germinal e no 2018 publica DISTOPÍA. Un EP de tres temas que recibiu moi boas críticas:

Rock Estatal nº 34 (06/2018): “Altamente recomendable”

HELLPRESS.com 24/09/2018: «…la banda lucense ha exhibido más música, tanto cuantitativa como cualitativamente hablando, en solo tres temas que muchas bandas en lanzamientos de nueve o diez cortes.»

Arpha Press 20/05/2018: “…viendo la calidad y el buen hacer de los gallegos, seguro que estábamos hablando de uno de los discos del año.”

Hispanidad Radio Huelva (Huelva) – Rock’Antena Roll : 08/04/2018 – “Tres temas se hacen muy poca cosa ante tamaña inmensidad musical…”

Radio Utopía 107.3 FM (Madrid) – El Rock Al Poder: 05/04/2018 – “Son tres canciones que te dejan muy buen sabor de boca y con muchas ganas de escuchar más”

https://www.facebook.com/ConductoColoquio

https://www.instagram.com/conductocoloquio

https://www.youtube.com/@conductocoloquio

https://conductocoloquio.bandcamp.com