Animación á lectura e contacontos no MIHL entre febreiro e abril de 2022

Chega unha nova edición da programación de animación á lectura e contacontos ao MIHL con entrada gratuíta en entradaslugo.es «Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero», explicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, na presentación.
Programación
Xoves, 24 de febreiro ás 18:30 horas TRÉMOLA TEATRO “Que animaliño é?” Idades: de 1 a 3 anos Xoves, 3 de marzo ás 18:30 horas MARISA IRIMIA “O circulo máxico dos contos” Idades: a partir de 3 anos Xoves, 17 de marzo ás 18:30 horas TALÍA TEATRO – “Rosa Caramelo e outras historias” Idades: a partir de 4 anos Xoves, 31 de marzo ás 18:30 horas RAQUEL QUEIZÁS “Travesías” Idades: a partir de 3 anos Xoves, 7 de abril ás 18:30 horas MAGO TETO“A maxia dos contos” Idades: a partir de 4 anos




