A Área de Cultura do Concello de Lugo deu a coñecer as bases para elixir o cartel anunciador das festas patronais SAN FROILÁN 2026 (PREMIO DE DESEÑO GRÁFICO «SAN FROILÁN 2026»)

Poderán concorrer cantas autoras e autores o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada persoa cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais, obrigándose a retiralas no caso de que obtiveran algún premio ou galardón para esa mesma obra con carácter previo ou se detecte que son obras plaxiadas.

Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos deseños.

A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 2.000,00 €. Este premio estará suxeito a unha retención do 15% de acordo co Real Decreto Lei 26/2014, de 27 de novembro, polo que se modifica a Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

BASES COMPLETAS (PDF)

Tamén publicou as bases para elixir o cartel elixir o cartel anunciador do San Froilán Miúdo:

Poderán concorrer cantas rapazas e rapaces o desexen, menores de 15 anos, con traballos de técnica libre, presentando cada persoa cantas obras considere
oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais, obrigándose a retiralas no caso de que obtiveran algún premio ou galardón para esa mesma obra con carácter previo.

Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos deseños.

A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 300,00 €.

BASES COMPLETAS (PDF)

Bases do concurso do cartel de San Froilán e San Froilán Miúdo (Web do Concello de Lugo)