«Se pecha Alcoa, nós tamén»

* Fotografías de Adra Pallón *
– Texto de Sara García – 
Hundreds of workers march from the factory gates with lights and torches, with the aim of making their uncertain situation visible in the face of the dismissal of hundreds of workers.
The workers make barricades at the entrance of the factory with the aim of cutting off the exit and entrance of material.
Rubén Campo e seus pais Paco e Maribel viven en Gondras. Rubén e o seu cuñado traballan no aluminio. "Se pecha non sei cal será o futuro".
Personal project carried out in 2020 by documentary photographer Adra Pallon.
viva_lugo_adra_pallon_alcoa_005
A hundred workers confront the police who try to stop their angry protests.
Several workers pile up the wheels and shovels that they will use to build the barricades to cut the road.
Personal project carried out in 2020 by documentary photographer Adra Pallon.
Hundreds of families march at night to San Cibrao. The objective is to attract media attention in order to try to get the government to intervene in the factory.
Personal project carried out in 2020 by documentary photographer Adra Pallon.
Thousands of people flood the main roads to express their bad feeling about the situation
Personal project carried out in 2020 by documentary photographer Adra Pallon.

Anterior
Siguiente

Sábado 06 de xuño.

Este 2020 está sendo un ano estraño e convulso, pero primeiro será combativo.

Na Mariña comezamos o ano combatendo a perda de servizos no Hospital da Costa e en atención primaria. Agora, e agravando a crise que nos vén enriba, a factoría de Alcoa, o motor laboral da comarca, está no momento máis delicado da súa historia. A compañía anunciou o pasado 28 de maio o despedimento de máis de 800 traballadores (entre a principal e auxiliares), e que pode desembocar no peche total do complexo industrial de San Cibrao. Un golpe mortal para A Mariña polas consecuencias no emprego indirecto e na actividade económica da zona.

Traballadores e veciñanza levamos anos en pé de guerra. A primeira manifestación á que fun na miña vida non foi na universidade, foi xustamente a primeira gran marcha por Alcoa en Viveiro xa no ano 2012. Unha comarca enteira volcada desde entón en mobilizacións para garantir o seu futuro. Todo o mundo na Mariña ten a alguén na familia ou coñece a alguén que traballa en Alcoa. Eu mesma son filla dun traballador de Alcoa xa xubilado. Os afectados somos todos. E mesmo quen menos, máis do que parece: Alcoa é a empresa que máis postos de traballo xera en Lugo e a súa actividade representa o 35% do PIB da provincia.

Nestes días de protestas contra o peche, tivo lugar en Ribadeo unha multitudinaria marcha na que traballadores e veciñas, man a man, cortaron a Autovía do Cantábrico con barricadas de neumáticos ardendo. Milleiros de mariñaos e mariñás arrouparon aos traballadores e proclamaron consignas como “Alcoa non se pecha”, “Madrid, escoita: A Mariña está en loita”, “Enerxía solución”; ademais de portar pancartas que rezaban “RIP A Mariña”, “Onde está o Estatuto”.

O coronavirus pasará, pero o impacto do peche de Alcoa pode ser definitivo… polos miles de empregos directos e indirectos e a cantidade de comercios e negocios que dependen da fábrica para a súa supervivencia.

Pecha aluminio, pechan elas.

Lorena e Manolo, nunha das carnicerías da vila. «Se pecha Alcoa probablemente quede eu só ao frente e terei que prescindir das dúas
traballadoras».

Juan ten unha tenda relacionada coa pesca en San Cibrao. «Home claro, isto afecta a toda A Mariña».

Manolo é dono dun bar en San Cibrao. «Se pecha Alcoa nós tamén».

Tito é de Foz e agarda a que o chamen para entrar á fábrica, ollando cara a cheminea de Alcoa.

Non podemos permitir que prosiga a destrución de emprego nesta comarca e nos condenen a ser por acción ou omisión un deserto laboral e social.

Desgraciadamente non teño a solución ou a alternativa (tampouco me corresponde telas), pero eu sempre vou reivindicar unha nacionalización obreira da industria. Porque esa é a única saída para as traballadoras, dicidir todo: cando, como e onde se produce, que se nos remunere polo que realmente producimos, é dicir, todo. Xa o escribiu Olga Novo, «debería aprender a morder / e que se pudra / que se pudra a raíz do poder que non che deu de comer».

A terra para quen a traballa. Non valen excusas.

Mentres continúa a inacción política e as críticas cruzadas entre distintas institucións e partidos, os traballadores da planta mobilizáronse de novo este martes volvendo a reproducirse as imaxes de protestas e piquetes á entrada da fábrica.

Abandonados polas Administracións, traballadores e conveciños contan exclusivamente coas súas propias forzas para impedir o peche da fábrica.

Se este se confirma, o loito oficial pode comezar de verdade para a comarca da Mariña.

Tanatorio en San Cibrao coa cheminea de Alcoa ao fondo.

SÁBADO 06/06 – XOVE – Marcha reivindicativa a partir das 13:00 – Saída: entrada de Xove, Avenida Diputación en dirección a Burela.

DOMINGO 07/06 – VIVEIRO – Gran manifestación – Saída: Cruz Roja

Unha reportaxe do fotógrafo lucense Adra Pallón e a xornalista cultural da Mariña Sara García para Viva Lugo…sempre comprometidos coa nosa terra.

Clic na foto e veralas a pantalla completa: