Un dos grandes momentos do ano, un dos grandes acontecementos… a ilustración que o lucense Iván Mouronte realiza do San Froilán.
Co seu humor sabio e retorto, chea de detalles, un goce visual do que foron estas festas:
No 2022 a ilustración foi en 360º e está aquí
Ilustrador con alma de animador e amante da fotografía de música en vivo. A formación como deseñador gráfico tamén axuda.
Realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc.
Colabora habitualente con VivaLugo e El Notario del siglo XXI.
Animación (2D e Stop Motion) e Motion Graphics: videos explicativos (Linknovate, Hola Portal), vídeos para galas deportivas (Premios Líder, Presentación do equipo do Ensino), proxeccións para Pangea de Abraham Cupeiro, curtametraxes (Polo Sen Cabeza, Sopa de Tartaruga), teaser do filme SKHID de Fernando Cortizo…
Banda deseñada: «Compostela, camiño de pedra» con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (2015, Turismo de Santiago de Compostela), proxectos persoais curtos como «Grum!» e «Materia de colorenchos».
facebook.com/i.mouronte.b
instagram.com/i.mouronte.b
vimeo.com/imouronte
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte