O cartel que anunciará a festa do Arde Lvcvs 2023 é obra de María Andrea Freire Parga, quen o presentou baixo o título ‘Fera Muliers’.

O xurado está integrado polo artista Manuel Andrés Pallín; por Mónica López, licenciada e doutorada en Belas Artes, e Antonio Cruz, profesor da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón

O concelleiro de Xuventude, Repetto destacou que “tanto a muller castrexa como a romana adquiren o papel protagonista”.

A entrega de orixinais efectuouse na Casa da Xuventude, onde quedan expostos os 35 traballos presentados ao concurso. 

Todos eles pasaron primeiro polo filtro das redes sociais do Arde Lvcvs, onde se fixo unha votación popular na que participaron preto de 5.000 persoas para a preselección. 

O 50% dos carteis máis votados sometéronse á elección final do xurado. 

O gañador recibirá un premio valorado en 1.500 euros.