Fotografías da Cabalgata de Reis de Lugo 2023

«A Gran Viaxe», promovida pola área de Cultura do Concello,  realizou o seu percorrido tradicional, saíndo do Parque da Milagrosa, Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña, ata chegar á Casa do Concello na Pza Maior.

Contou con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo e Maximus, a mascota do Breo.

Foi todo un éxito organizativo e de público enchendo as rúas de Lugo de alegría e maxia, unha experiencia inesquecíbel.

Fotos: Loopez