A campaña Lugo Km 100, que pretende ser “unha aposta seria para fomentar o turismo e poñer en valor a cidade e os diferentes camiños a Santiago que a atravesan” en palabras de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua-  presentouse na Feira Internacional de Turismo FITUR 2020.

Maite Ferreiro indicou que “o concello de Lugo está a 100 Km exactos de Compostela, a distancia mínima para obter a Compostela…isto fai que Lugo poida ser máis atraínte para as persoas que queiran facer o Camiño por primeira vez escapando da masificación do Camiño Francés ou como punto de partida dunha nova ruta a Compostela …realizaremos accións que traballen para poñer a Lugo no epicentro turístico do norte do estado”.

Ferreiro anunciou que a área de Cultura traballa “en poñer en valor e mellorar as infraestruturas e a estética do camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, mellorando entre outras cousas, a sinalización do camiño”, e engadiu que “dentro da programación cultural, realizaranse actividades para a promoción do camiño Primitivo”.

Foto en Fitur de Lugo Km 100
Fonte: Gab. Comunicación Cultura e Turismo