MAR 2018 Un ano máis, chega a Lugo o Festival de Teatro Universitario, e chega á súa 24º edición. Do 13 ao 21 de marzo representarán en Lugo as diferentes propostas de teatro universitario de Ourense, Santiago de Compostela, e Lugo. Pormenorizamos neste artigo as 3 obras 3 que deberías ir ver ao Auditorio Municipal Gustavo Freire e recorda que hai actividades complementarias e microproxectos teatrais tamén na programación)
19 de marzo ás 21:00
WK
Aula de Teatro da USC- Compañía de Teatro USC-Lugo
Capacidade limitada – *A entrada é libre. As entradas da obra WK retiraranse (máx. 2 por persoa) na Oficina de Cultura sita na Vicerreitoría de Coordinación – ATENCIÓN: QUEDAN MOI POUCAS info do 14/03 ás 11:15 –
Dirección e dramaturxia: Paloma Lugilde
Érase unha vez un pobre neno que non tiña pai nin nai, todos morreron e xa non quedaba ninguén no mundo. Morreron todos. El foi e púxose a chorar día e noite. E como xa non había ninguén na terra quixo ir ao ceo e a lúa era un anaco de madeira podrecida. Entón foise ao sol e cando chegou, era un xirasol seco, e cando chegou ás estrelas, estas eran pequenos mosquitos de ouro que estaban prendidos como os prende o alfaneque no endrino, e cando quixo volver á terra era unha pota ao revés e estaba completamente só, entón sentou e empezou a chorar. Aínda segue sentado e está completamente só.
Reparto: Enxhi Toska- Adrián del Rio – Pablo Fernández -Soraya Comba – Elba Fernandez – Giovanni Peixoto
Ficha artística:
Luz e son Alfredo Sarille
Deseño espazo escénico Paloma Lugilde e Oscar Lago
Loxística Paz Fernández Freire
Corrección lingüística Xusto Rodríguez- Servizo de Normalización lingüística
20 de marzo ás 20:30 horas
Pasar por Nida
Aula de Teatro da USC- Compañía de Teatro da USC- Santiago de Compostela
A entrada é libre
Dirección e dramaturxia Roberto Salgueiro
É unha estrada interminable que busca o horizonte, unha recta infinita de asfalto que atravesa o país dun extremo ao outro e que, coma min, parece buscar na distancia un lugar onde chegar.
Reparto: Lara Pouso – Carmen Tomás – Icía Rodríguez – Mar Pérez- Noa Fernández
Ficha Artística:
Asistencia técnica: RTA
Cartel e programa: Gerardo Fuentes
Textos e posta en escena: Roberto Salgueiro
21 de marzo ás 20:30 horas
As ondas das pedras no río
Aula de Teatro de Ourense Compañía Maricastaña
A entrada é libre
Dirección e dramaturxia: Fernando Dacosta
O libro de Arundhati Roy, ‘O deus das pequenas cousas’, soñado en escena por Maricastaña
A vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia. Onde non se pode pensar o impensable e onde o impensable, polo tanto, non debe suceder. Un contexto social exacerbado pola miseria económica e moral, que tantas veces van xuntas.
Relacións de parella truncadas aquí e na outra parte do mundo que acaban empurrando cara un final non desexado. O amor maternal, con erros, con brusquedades, onde as pequenas cousas poden facer que aletee unha bolboreta negra no noso corazón ou que nos sintamos arroupados no medio dun gran trebón.
Unha sociedade dividida en castas. Un amor prohibido onde se pretende aloumiñar ao intocable
Reparto:
Caterina Vázquez: Rahel – Marcos Viturro: Velutha / Baba / Home da limoada – Silvia Pazo: Amu – Amada Saa: Mamachi – Chelo Cortiñas: Bebe – Paco Daza: Chako / Inspector – Irene Pérez: Pillai / Manifestante / Policía – Israel Fernández: Esthapen – Tatiana González: Margaret – Manifestante / Policía – Raquel Fernández: Sophie / Manifestante / Policía
Ficha artística
Iluminación, atrezzo e técnicos en xira: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
Vestiario e complementos: Tegra
Cartel e programa: Pablo Otero
Música: Renata Codda Fons
Axudantes de dirección: Marcos Vázquez e Héctor Martínez
Dramaturxia e escenografía: Fernando Dacosta