Programación da XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo

Festival de Teatro Universitario de Lugo

Nesta XXIV edición do Festival de Teatro Universitario presentaranse as diferentes propostas de teatro universitario de Ourense, Santiago de Compostela e tamén da provincia de Lugo, que conta cunha fonda tradición teatral, sobre todo no ámbito universitario.

O festival celebrarase dende o 13 ao 21 de marzo no Auditorio Gustavo Freire e a entrada é completamente gratuíta. Os tíckets da obra WK retíranse na Oficina de Cultura situada na Vicerreitoría de Coordinación, máximo 2 por persoa, o día 9 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

Programación

14 de marzo ás 20:30 horas e o 19 de marzo ás 21 horas

Actuación da Compañía de Teatro USC-Lugo da obra WK, dirixida por Paloma Lugilde.

“WK” está baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor. A formación teatral xurdida da Aula de Teatro da USC no campus lugués fará xa o día anterior un ensaio aberto desta montaxe no mesmo escenario, no que tamén ofrecerá dous pases de balde para o público estudantil. A primeira destas funcións específicas e para as que é preciso inscribirse será o 15 de marzo, a partir das 12.00 horas, mentres que a segunda será o día 19, pero xa  en quenda de tarde, a partir das 16.30 horas.

20 de marzo ás 20:30 horas

Actuación da Compañía de Teatro da USC-Santiago de Compostela, da obra Pasar por Nida, dirixida por Roberto Salgueiro.

21 de marzo ás 20:30 horas

Actuación da Compañía de Teatro de Ourense Maricastaña da obra As ondas das pedras do río, dirixida por Fernando Dacosta. Unha interpretación do libro O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy.

Actividades complementarias e formativas

Estas actividades complementarias terán lugar tamén no escenario do auditorio Gustavo Freire, salvo os microproxectos dos alumnos da Escola de Arte Dramático no vestíbulo do edificio e o encontro aberto de Carlota Ferrer, que será na Casa do Saber

Martes 13 de marzo

Ás 20:00 hora terá lugar o ensaio aberto da obra WK, a cargo da Compañía de Teatro da USC – Lugo

Xoves 15 de marzo

Ás 12:00 horas e o luns 19 de marzo ás 16:30 horas terán lugar as funcións escolares de WK, da Compañía de Teatro da USC-Lugo.

Luns 19 de marzo

Ás 19:00 horas a compañía Krijalbo interpretará a obra Club de lectura. Unha dramaturxia dirixida por Félix Brixel. Á mesma hora, os alumnos Raquel Velasco, da ESAD de Vigo, e Cristian Fernández, da ESAD de Galicia, realizarán os microproxectos Búsqueda e Introspectiva, respectivamente.

Fonte da foto: Gabinete Comunicación Deputación
Fonte da foto: Gabinete Comunicación Deputación

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Concelleiro de Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro Villares, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carmen Silva Domínguez, presentaron o XXIV Festival de Teatro Universitario, na Capela de Santa María, unha nova edición do Festival de Teatro Universitario. Unha iniciativa enmarcada dentro do Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e a USC.