MAR 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo representante do Club Lúdico de Arte e Patafísica (CLAP), Álex Losada, presentaron este mércores, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o ciclo de actuacións musicais Liberdades Sonoras, que arrinca este sábado, 17 de febreiro e que continuará o 21 de abril e o 5 de maio, no patio do Vello Cárcere. Os espectáculos serán a partir das 20:30 horas e a entrada é libre, ata completar cabida. 

 Para Carmen Basadre tratáse dunha programación distinta que pretende que que a sociedade luguesa coñeza unha música menos comercial, en pequeno formato e de calidade, nun espazo inmellorable e distinto, o Vello Cárcere. Esta programación xúntase á de Músicas Mesturadas, un ciclo de música de fusión que tamén se leva a cabo neste centro cultural.

CONCERTOS:

Este sábado 17/03 será a quenda de Mdou Moctar, un guitarrista tuareg que fai adaptacións modernas e electrónicas de música folk nixeriana, actualizadas a base de psicodelia e autotune. Folk eléctrico, guitarras psicodélicas e autotune caracterizan a enigmática figura do guitarrista tuareg Mdou Moctar, un dos escasos compositores tuareg disposto a experimentar e traspasar os límites da tradición. Pioneiro, gravou o seu primeiro disco en Sokoto, Nixeria, en 2008, e as súas cancións se viralizaron rapidamente a través das redes de intercambio de música en teléfonos móbiles do Norte de África, e alcanzaron unha audiencia global cando a discográfica estadounidense Sahel Sounds incluíunos no recompilatorio “ Music from Saharan Cellphones”. Actualmente, con catro discos ás súas costas, Mdou Moctar protagonizou a primeira película en lingua tuareg da historia, e as súas cancións son versioneadas alén do Atlántico. 

 A segunda actuación será o 21 de abril con Melange, en plena xira de presentación do seu último traballo Vento Bravo.

Melange son a apócema resultante dunha aliñación estelar de cinco músicos de pura raza. Entre a psicodelia, a música experimental e o folk, o seu disco de debut, publicado en 2016, foi aclamado pola crítica e o público e dinamitado calquera posible escepticismo que puidese espertar unha proposta que parece mirar cara ao pasado nestes tempos de bases prefabricadas, uniformidade, e vórtice viralizadora.

A terceira e última cita será o 5 de maio cun dos dúos máis activos da escena galega: Malandrómeda vs Lar Legido, que levan máis de 20 anos sendo unha parte activada escena musical galega.

Xuntos van traer unha proposta simple e crúa: percusión, voz e textura, fuxindo das harmonías e da amabilidade da música popular.