Novo ciclo de música de fusión no Vello Cárcere de Lugo: Músicas Mesturadas

XAN 2018  O ciclo Músicas Mesturadas é unha nova proposta cultural da Concellería de Cultura no patio Vello Cárcere con concertos do 13 de xaneiro ao 19 de maio a cargo de Fado Violado, Viviane, Zaruk e Tramontana

Músicas Mesturadas é un ciclo de música de fusión. A entrada é de balde ata completar o aforo. O programa é o seguinte:

Sábado, 13 de xaneiro: Fado violado, unha mestura entre o fado e o flamenco, a cargo de Ana Pinhal e Francisco Almeida

10 de marzo 21.30: Viviane

Unha sonoridade única carismática e singular da música contemporánea portuguesa, Viviane, a medio camiño entre o Fado e a Chanson francesa, para celebrar os dez anos de carreira en solitario editou un “Best of” titulado Confidências que reúne as mellores cancións da súa discografía, e inclúe un novo tema, “Fado do beijo” e unha versión do tema “Cantoras do rádio” interpretado por Carmen Miranda no 1936.

Web oficial

7 de abril: Zaruk
Dúo formado pola chelista española Iris Azquinezer e o guitarrista alemán Rainer Seiferth, que entrelazan música clásica, jazz e sons tradicionais
Web oficial

19 de maio: Tramontana
Grupo formado por tres mulleres, Mathilde Bernard, á arpa, Alejandra Martín, á viola, e a lucense Aurora Pajón, á frauta que crean Tramontana inspiradas no surrealismo. O trío nace coa intención de ofrecer formatos de concerto en que a música resoa máis aló dos límites da lóxica.
O repertorio deste grupo inclúe o emblemático Trio Impresionista de Claude Debussy á Suite Popular Española de M. Moreno Buendía, a través dun arranxo das famosas Estacións Tchaikovsky para piano ou improvisación libre.

Soundcloud