Na súa décima edición, o Fa Ce La Fest reafirma a súa esencia: un festival con identidade propia, que aposta pola música que se sae do previsible e que continúa medrando sen renunciar ao seu carácter.
Do 06 ao 09 de maio en Lugo con Temples, Shego, Triángulo de Amor Bizarro, Bernal, Australian Blonde, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia, The Foolans e Sapo Bufo.

O Fa Ce La Fest celebrará a súa décima edición os días 6, 7, 8 e 9 de maio en Lugo, consolidado como unha das propostas máis singulares e con maior personalidade dentro da escena underground do noroeste estatal.

Un festival que, lonxe de repetir fórmulas, mantén unha liña clara baseada no criterio, o risco e a procura de propostas diferenciadas, afastándose deses carteis que semellan unha “fotocopia” constante no circuíto. Esa identidade propia é, precisamente, unha das claves do seu crecemento e proxección.

Non é casualidade que fora un dos festivais seleccionados por Luis Benavides no seu libro Microfestivales, onde se destaca o Fa Ce La Fest como un dos proxectos con maior potencial de desenvolvemento no panorama estatal.

TEMPLES, Á FRONTE DUN CARTEL DIVERSO E COHERENTE

Os británicos Temples encabezan un cartel que combina nomes consolidados e novas propostas cunha forte identidade artística. Referentes da neo-psicodelia internacional, chegan a Lugo como un dos grandes atractivos desta edición.

Xunto a eles, destacan nomes clave do panorama estatal como Shego, unha das bandas máis emerxentes do momento; Triángulo de Amor Bizarro, referentes do indie e o noise; e Bernal, unha das propostas máis interesantes da nova escena alternativa.

CARTEL COMPLETO

O Fa Ce La Fest presenta así un cartel completo que reflicte a súa personalidade e criterio artístico:

Temples, Shego, Triángulo de Amor Bizarro, Bernal, Australian Blonde, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia, The Foolans e Sapo Bufo.

Un conxunto de artistas que abarca desde o indie e o post-punk ata a psicodelia, o pop alternativo ou o rock progresivo, combinando escena internacional, estatal e local.

ESCENARIOS E LOCALIZACIÓNS

Por motivos loxísticos, o festival traslada o seu escenario principal á Sala Tebras, situada nas proximidades do recinto inicialmente previsto, garantindo así as condicións óptimas para o desenvolvemento dos concertos principais.

A programación completarase con actuacións en diferentes espazos da cidade, incluíndo o Bar Facela no Barrio da Tinería, reforzando o carácter urbano e próximo do evento.

ENTRADAS XA Á VENDA

As entradas están dispoñibles na web oficial do Fa Ce La Fest e na plataforma Ingresse.