Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universitario a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición.
Programa
O 19 de abril estréase a peza Do marabilloso mundo dos animais, os cordeiros, da compañía de teatro da USC-Lugo, con primeira función ás 18.00 horas e segunda función ás 20.30 horas, no Pazo de San Marcos de Lugo.
O 20 de abril será o turno da compañía de teatro da UDC-A Coruña, coa peza Encrobas 77: A precuela, ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire.
Insurección é a peza que representará a Aula de teatro do campus de Ourense da UVigo-Grupo Maricastaña o 21 de abril ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire.
O 22 de abril ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire: Irmáns da Compañía de teatro da USC – Santiago.
Finalmente, o 23 de abril a compañía Vaites Vaites IV ciclo USC-Lugo representará Lectura dramatizada das asemblearias ás 20.30 h na Casa do Saber (Domus do Mitreu).
A entrada a todas as funcións desta actividade é de balde.
Para a estrea do 19 de abril hai que solicitar entrada en cultura.lugo@usc.gal, dende o 13 ao 16 de abril.
Para asistir ás funcións dos días 20, 21 e 22 de abril hai que solicitar entrada en https://entradaslugo.es/
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación da Primavera Cultural da USC que se artella ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

























