«Cantares de una revolución» con Nacho Vegas nos Codex Cinema

Maio 2019 Chega maio a Lugo e maio é o mes «Facela» nesta cidade xa que celébrase un dos festivais de maior pulo da cidade, o Fa Ce La Fest (17 e 18 de maio) con Nacho Vegas como un dos cabezas de cartel.   

Aproveitando este feito, FaCeLa e Codex Cinema suman esforzos e vaise a proxectar o filme de Ramón Lluís Bande Cantares de una revolución, na que o músico visita e reflexiona sobre os lugares e paisaxes do intento revolucionario obreiro de 1934 en Asturias. O filme, didáctico e revelador, amosa o lado máis comprometido do músico asturiano. A cita será o próximo xoves día 9 as 20:30.