Xullo 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este xoves a mostra No abandero la senda ni me opongo a la causa pero no dejaré nunca de insistir, no cesaré en el empeño hasta convertir el territorio en mi estatura, de Jesús Otero-Yglesias. Tratáse dunha exposición que reúne obras de pintura acríclica sobre cartón, madeira de piñeiro e pintura acríclica, lapis e pintura acrílica sobre pedra… distintos obxectos e pinturas que transforman o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) en gran paisaxe e narración.  

Según palabras do autor: «Nesta vasta obra despreguei, como nun escenario, a iconografía que ó longo dos anos fun traballando. Sistema de imaxes simbólicas, antes illadas, que agora, na aperta de gran paisaxe, devén narración»

A exposición poderase visitar no MIHL ata o 15 de outubro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.