A Librería Trama celebra 22 anos promovendo a lectura

O vindeiro día 24 de maio facemos 22 anos na librería Trama

Maio 2019 O vindeiro día 24 de maio a librería Trama cumple 22 anos e acollerán varios actos para celebralo:

– Venres 24 de maio ás 17:30, xuntanza do Club de lectura LugoPatrimonio. Nesta ocasión a charla xirará ao redor do libro Seiqué, de Susana Sánchez Arins, editado por Através.

– Venres 24 de maio ás 19:30 presentación de Fornelos & Fornelos: a terceira fundación, de Xerardo Quintiá, editado por Xerais.

Con este libro o autor gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

No acto o autor estará acompañado por Darío Xohán Cabana e Fran Alonso.

– O sábado 25 de maio, ás 12:30h, terá lugar a presentación de Sándalo, a nova novela de María Xosé Porteiro, editada por Galaxia. Acompañando á autora estarán Luz Darriba, Martín Fernández Vizoso e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.