Novembro 2018 O sábado tres de novembro foi o día de Isidro Novo, de honrar a súa memoria, de recordalo, de facerlle unha homenaxe máis alá dun acto simbólico: charlas sobre a súa vida de xente que o coñecía e quería ben, charlas sobre a súa obra de xente que a amaba, recital poético e música, exposición de libros, fotografías, ilustracións e outros obxectos vinculados á súa labor creativa e á súa vida…e descubrimento dunha placa na que foi última morada do homenaxeado, na rúa Bispo Aguirre 10. Compartimos algunhas fotos dunha xornada emocionante: