OCT 2017 Cumplindo 20 anos de existencia a Librería Trama de Lugo é o epicentro dos tremores que sacuden a vida literaria da cidade en canto a presentacións de libros. Só a semana pasada tiveron lugar as tres que damos conta en este artigo, e moi recientemente: «Vento nas velas» coa presenza do seu autor, Xurxo Lobato, ou, «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» co xeitoso e acolledor espazo de eventos ata a bandeira.

Respecto ás últimas: o martes 17 de outubro presentouse «A Alquitara de Troubs» (Figurandorecuerdosedicions) coa presenza de  Isidro X. López Novo, mestre en palabras e escritor,  Michel Stassart, mesturador de letras e tradutor e Rosa Espiñeira Pan, editora e tradutora.

«A Alquitara de Troubs», finalista no premio literario Frei Martín Sarmiento, é unha banda deseñada editada en galego que achega un retrato do mundo rural galo a través dun augardenteiro francés.

O xóves foi o turno da presentación de «Atlas das Nações sem Estado na Europa» (Através Editora) por Abrahan Bande, promotor e tradutor da obra, Júlio Teixeiro, do CS Madia LEVA. Unha obra documental e de divulgación dirixida polo autor bretón Mikael Boldore-Penlaez, en colaboración coa plataforma eurominority.com, que recolle completa información dos pobos minoritarios europeos en busca de recoñecemento identitario e o seu traballo na defensa da súa cultura e identidade.

 
 

Para rematar a semana de presentacións, o venres 20, estiveron na librería un dos autores galegos de maior éxito, Pedro Feijoo e o seu editor, Manuel Bragado  (Xerais) falando do seu último libro «Os fillos do lume» Un libro de intriga, de ficción pero con partes reais xa que ten lugar na Reconquista de Vigo ós franceses.

As presentacións siguen esta semana:
 MÉRCORES 25
19:30  Isidro Novo presentará, O TABÚ NA TRASLENDA. O autor estará acompañado polo tamén escritor Antonio Reigosa e polo editor David Cortizo.
VENRES 27
19:00 Lançamento de «Galeguia»

Artigo: Marcos López

Fotos: Marcos Loopez
Comparte … comparte, arte.
Non vendas as fotos, non vendas o artigo …comparte.