Outubro 2019 A residencia poética itinerante sobre o Camiño de Santiago «Ameto Mítico» pasou por Lugo onde poetas e organización (Fundación Uxío Novoneyra) foron recibidos pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. Os poetas da residencia,  procedentes de distintos países, que pretenden actualizar a temática xacobea, son: Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid: Luiza Fernandez, brasileira e Diego Horschovski, arxentino dende Compostela e Demián Rabilero, dende Cuba, deixaron os seus lugares para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.

Durante a viaxe, os poetas escriben sobre os seus pasos e comparten as súas creacións en centros educativos do Camiño. É a primeira vez que se celebra unha residencia destas características. 

Fonte da foto: Gab. Com. Cultura