F. Schubert: Winterreise (Viaxe de inverno)

Sábado 07/12 – Círculo das Artes – 20:00 («Programa de antemano» ás 17:30 con Teresa Adrán)

Concerto promovido pola Sociedade Filarmónica de Lugo con Vicente Antequera, barítono e Óscar Oliver, piano

Decembro 2019 O sábado 07 de decembro temos en Lugo un concerto imperdible para amantes ou non da música clásica: o Winterreise de F. Schubert e desas obras mestras das artes que hai que ver, que hai que vivir. Así como hai obras mestras do cinema, la literatura etc … que é «obrigado» non pasar pola vida sen coñecelas e deixar que pasen por un, a «Viaxe de inverno» entra nesta categoría dentro da música clásica, así que xa sabedes: o sábado 07/12 no Círculo das Artes ás 20:00 a vivir un momento histórico nas vosas vidas. 

Como non, e máis tratándose de tal obra magna, a asistencia ás 17:30 á charla didáctica sobre a obra por parte da musicóloga lucense Teresa Adrán é máis que recomendable (Salón de Columnas do Círculo das Artes con entrada gratuita)

Dentro da programación de concertos de música clásica da Sociedad Filarmónica de Lugo 

Winterreise

Os máis prestixiosos musicólogos e musicólogas do mundo están de acordo: OBRA MESTRA

Nas súas 24 cancións -para voz e piano- relátase, sen unha liña argumental definida, o paseo dun camiñante a través dunha paisaxe invernal, xélida e sombría, sen se cruzar con ninguén excepto un zanfonista, tras coñecer que a súa amada o rexeitou. A súa audición obriga a usar a nosas capacidade intuitiva e imaxinativa para poñernos na pel do personaxe e o seu paseo. A música e a letra van na mesma dirección e unha non sabe vivir sen a outra. Aínda que as letras describen a paisaxe e o que o camiñante sente, o contido da obra vai máis alá, pois intenta relatar unha crise existencial a través de momentos musicais.

Moitas das cancións teñen ritmo “de camiñante”, segundo o propio Schubert describiu.  Cada paso, cada paseo e cada nova paraxe lémbranlle a súa amada, os tempos vividos e a experiencia que ten que sufrir. De aí que cada nova canción varíe en canto a ritmo, sensación, intensidade e emoción, pois toda a historia é un vaivén interno, unha loita por superar o acontecido e continuar coa vida. Os tons menores evocan a mágoa, os maiores os recordos e a alegría, as ganas de volver. Esa analoxía co inverno, a estación da “morte”, do final para pasar a un inicio, resulta maxistralmente descrita por Schubert no seu último ciclo de cancións, en Viaxe de inverno.

Vicente Antequera, barítono e Óscar Oliver, piano

Vicente Antequera – Valencia – tras obter o título superior de canto na súa cidade natal, completa a súa formación na Opera-Studio de Genève e na Scuola musicale di Milano con Bianca Maria Casoni. O seu repertorio comprende obras de diferentes épocas, dende o barroco ata a música contemporánea e participa en numerosos festivais e óperas en Barcelona, Madridi, Valencia, La Hababa…  É premiado nos concursos de Orvieto e Pavía (Italia), en cuxos festivais debuta a Bohème (Marcello) e Elisir d’amore (Belcore).

Óscar Oliver, piano (Massalavés -Valencia) só con 13 anos era o organista da Real Basílica de Valencia e pouco máis tarde, gradúase no Conservatorio Superior de Valencia. O seu interese pola música vocal e pola música de cámara levouno a colaborar cos máis destacados músicos e cantantes valencianos. Froito desta actividade camerística ofreceu recitais en cidades como Praga, Neuchatel, Laussane, Sión, Innsbruck, así como nas principais salas españolas invitado pola Universitat de València, Juventudes Musicales, Ibercaja, Amics del Liceu, a Fundación FIDAH e l’HAMU de Praga entre outros.

ENTRADAS

Para o público en xeral, que non sexa socio da Filarmónica, as entradas poden adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao mail filarmonicadelugo@gmail.com ou na Web www.filarmonicadelugo.com