Concerto homenaxe a Aretha Franklin no festival Blues Museum

Concerto homenaxe a Aretha Franklin no festival Blues Museum de Lugo. Aretha Soul Divas and The Silverbacks recuperan o legado de Aretha Franklin tocando os mellores clásicos da gran dama do soul.

Concerto homenaxe a Aretha Franklin no festival Blues Museum

Data: Sábado 20/07/2019

Hora: 21:30 Chris O ´Leary + Watermelon Slim + Aretha Soul Divas and The Silverbacks.

Lugar: Praza da Soidade, Lugo

Entrada gratuita.

Xullo 2019 Noite épica a que nos espera o sábado 20/07 no Festival Blues Museum con Chris O’Leary, Watermelon Slim e os grandes hits da gran dama do soul, Aretha Franklin, interpretados por catro cantantes excepcionais: Astrid Jones, Juno Kotto King,  Mayka Edjole  e Shirley Davis (Arethta Soul Divas) xunto  The Silverbacks -FB- (banda de cabeceira do selo Tucxone Records) 

Na Pza da Soidade de Lugo sonarán cancións eternas,  himnos coñecidos por todo o mundo como Respect, Think,  Chain of Fools,(You Make Me Feel Like) a Natural Woman, Rock Steady ou I´Say a Little Prayer da que pasou á HISTORIA da música como «Lady Soul» ou «Queen of soul», Aretha Franklin, sen dúbida, é unha das artistas máis grandes de tódolos tempos.

Aretha Franklin gañou 18 Grammys (8 seguidos por mellor interpretación vocal femenina de R&B desde 1968 ata 1975), leva vendidos 75 millones de discos, tivo 20 números 1, foi a primeira muller en entrar no Rock and Roll Hall of Fame e en 2019 recibiu a título póstumo o Premio Pulitzer Mención Especial por su contribución á música e á cultura… sen dúbida unha cita imperdible a da noite do sábado 20/07 coas poderosas voces das Aretha Soul Divas cantando e facéndonos cantar e bailar os grandes éxitos da diva do soul. 

Aretha Soul Divas and The Silverbacks

PROGRAMA COMPLETO DO BLUES MUSEUM:

blues-museum-festival-lugo