Flotamos polo espacio sideral co concerto dos Mequetrefe este San Froilán

Se fai pouco vimos o fondo da nosa (i)alma no concerto de Musel ou caímos enfeitizados baixo o kraut frenético de Pantis, desta vez flotamos polo espacio exterior no concerto dos MEQUETREFE.

Estes mutantes ,co seu poder de ser conductores da electricidade, conectanse directamente á corrente que flúe do ampli ó instrumento e polo seu corpo, nun bucle sonoro espacial convertido en excelsas cancións que fan levitar ao público …e ver unicornios.

Xa o decíamos no anterior artigo sobre eles,» Mequetrefe ofrecerá una gran sesión de psicodelia, spacerock, shoegaze e dub…» e vaia se a ofreceu. The Young One, Chayanne, Rompetechos, The Artist e Madafaka – chamémolos polo seu nome de superheróes mutantes – levitaron por momentos ata tocar o ceo azúl eléctrico.

Disfrutade das fotos do concerto e do adelanto do seu próximo disco que sairá antes de que acabe este 2017.  Un disco  producido e mezclado por Ian Crause do grupo inglés Disco Inferno que soa tal que así:

Nesta raiada apocalíptica mutante mequetrefeante vese o Fogar da Fonsagrada
 onde pasan largas temporadas aislados da sociedade compoñendo cancións os protagonistas de este artigo

 

 

Clica nas fotos… as verás en maior tamaño
Comparte comparte comparte arte… comparte este artigo alí onde queiras, non o modifiques nin o vendas. Cítanos sempre…sempre agradecidos estaremos.

Artículo: Marcos López Fotos: Marcos Loopez
Comparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte

TAMÉN EN VIVA LUGO: