Outubro 2019 Este sábado tivo lugar a presentación do programa do XIX Desencontro Inimigo que terá lugar en Lugo entre os días 5 e 8 de decembro. O concerto de Radio Zapa! no Ho! Gruf foi a excusa perfecta para reunirse e disfrutar da música en directo en boa compañía, un dos leit motiv do Desencontro.

O programa que se anunciou foi:

O son psicodélico dos vilalbeses Magical Colors abrirá o xoves, día 5, no Diablo Bar.

Os aclamados Los Deltonos e máis os galegos The Bo Derek’s serán os protagonistas dos concertos na Sala Tebras, o venres 6 de decembro. 

Ademáis de picadiscos, encontro de fútbol, expo de fotos … e moito máis como podes ver neste enlace

Fotografías de: Iván Mouronte