Concerto de Zoar e Alicia González Permuy na tempada de concertos da Sociedad Filarmónica de Lugo.

Cun repertorio dedicado ao Mozart máis esplendoroso:

Beethoven – Variaciones sobre ‘La ci darem la mano’ para trio de Cañas
Mozart – Trío Kegelstatt Kv. 498 en versión para clarinete, fagot e piano
Mozart – Quinteto para piano e ventos Kv. 452

Novembro 2019 O martes 26 de novembro reactivase a programación de concertos de música clásica da Sociedad Filarmónica de Lugo no Círculo das Artes co conxunto de cámara Zoar Ensemble a partir das 20:00 horas. O repertorio: L.v. Beethoven: Variaciones sobre La ci darem la mano / W. A. Mozart: Trío para clarinete, piano e fagot Kv. 498 / Quinteto para piano e vento Kv. 452

Zoar está composto por cinco músicos, na frauta: Joan Ibáñez, coprincipal da Sinfónica de Galicia; no óboe: David Villa, principal asistente da Sinfónica de Galicia; no clarinete: Antonio Suárez, profesor do Conservatorio de Culleredo; na trompa: Benjamín Iglesias, profesor do Conservatorio Superior da Coruña; no fagot: Álex Salgueiro, coprincipal da Sinfónica de Galicia.

Entre as colaboracións con outros artistas compre destacar proxectos con Monicreques de Kukas, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal ‘Lytos’ no proxecto Windbox. No 2014 foron convidados como solistas á Orquestra Gaos e no 2015 ao VintEnsemble.

Teñen actuado nos principais escearios galegos (Teatro Colón, o Teatro Rosalía o Centro Ágora ou o Palacio da Ópera na Coruña, o Teatro Jofre de Ferrol, o Círculo das Artes de Lugo, o Liceo de Ourense, o CGAC e a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) participando en acontecementos culturais da importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, en sucesivas edicións das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, no LVI Festival de la Ópera de A Coruña, no ciclo Enclave de Cámara de Ourense, no Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, no Ciclo de Concertos Benéficos da Real Academia Galega de Belas Artes e nas tempadas das sociedades filarmónicas de Lugo, A Coruña e Vigo. Fóra de Galicia fixeron recitais no Pais Vasco, Cataluña e Portugal. No 2016 foron finalistas aos III Premios ‘Martín Códax’ da Música.

En 2016 presentaron o seu primeiro cedé “No vento” con música de Juan Durán publicado por Ouvirmos. Veñen presentar no 2017 unha doble publicación, de cedé e partituras, coa integral da música do compositor betanceiro Carlos López García-Picos.

ENTRADAS

Para o público en xeral, que non sexa socio da Filarmónica, as entradas poden adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao mail filarmonicadelugo@gmail.com ou na Web www.filarmonicadelugo.com