Outubro 2019 A fotógrafa de Lugo Belén Cordero iniciouse non fai moito tempo na foto. Aprendeu os misterios de capturar a luz no momento preciso de forma autodidacta polas rúas da cidade facendo «street photo» ou en manifestacións e temas de denuncia social para logo combinar esta faceta artística e social con traballos por encargo ou colaborar con este medio cubrindo distintos eventos como por exemplo, concertos. 

Gusta de saír con total liberdade a atopar a foto perfecta ou deixarse atopar por ela. Iso foi o que fixo este San Froilán…pasealo, vivilo, fotografialo según saía ao seu paso.

Redes de Belén Cordero:

Facebook

Instagram