Outubro Non podían faltar neste proxecto de fotografía documental e ilustración co que estamos a crear un arquivo dixital con valor histórico das nosas festas: OS PELÚDEZ. Fotos das súas andainas polo San Froilán 2018 e fotos en exclusiva poñéndose guapas e guapos antes de saír de festa San Froilanera. A xente teatreira de Achádego Teatro sempre profesionais e amables con Viva Lugo e con todo o mundo!. 

Viva o San Froilán: proxecto promovido por Viva Lugo que conta co apoio e financiación do Concello de Lugo, para que así, a través das Festas do San Froilán dar visiblidade aos artistas lucenses e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. San Froilán do 4 ao 12 de outubro 2018 en Lugo. Festa de interese turístico galego e festa de interese turístico nacional.