A oferta de actividades de Bico de Grao para xaneiro 2020 é a seguinte:

Actividades permanentes

DEBUXO E PINTURA NON TÓXICOS_ os luns de 11:00 a 12:30

Actividades puntuais

OBRADOIRO DE APICULTURA ECO. “A CALIDADE DO MEL” Sábado 18 xaneiro.

MASTERCLASS COCIÑA SAUDABLE “CEREAIS INTEGRAIS” Xoves 23 xaneiro.

OBRADOIRO DE PAN NA CASA. Venres 24 xaneiro.

ONDE NACEN AS HISTORIAS. Xoves 30 xaneiro.

DEBUXO E PINTURA NON TÓXICOS

Os luns de 11:00 a 12:30 da mañá.

Imparte Gema López, artista lucense con galería propia. http://gema-lopez.com/es

Aportación 35€ ao mes

Da man de Gema achegarémonos a tres das máis importantes técnicas plásticas non tóxicas; como son o carbonciño, a acuarela e o acrílico.

Dividiremos este curso en tres grandes bloques dedicando cada un deles a unha das técnicas pero tamén coa posibilidade de que sexa a/o alumna/o quen marque, cos seus coñecementos ou preferencias, o desenvolvemento da clase.

Apto para tódolos niveis de coñecemento en debuxo e pintura.

Prazo de inscrición aberto!

OBRADOIRO DE APICULTURA ECO. “A CALIDADE DO MEL”

Sábado 18 xaneiro . De 11:00 a 13:00

Imparte Rafael Corral, da empresa apícola ecolóxica, Abellamoura. https://www.abellamoura.gal/

Achega: 36€

O obradoiro vainos servir para coñecer de preto o mundo apícola en tódalas súas vertentes. As abellas, o seu papel na natureza e a súa relación cos humanos, a apicultura ecolóxica en diferenza coa convencional, manexo das abellas, aproveitamento apícola e cata de meles galegos.

Inscríbete antes do 16 de xaneiro. Prazas limitadas!

Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

MASTERCLASS COCIÑA SAUDABLE “CEREAIS INTEGRAIS”

Xoves 23 de xaneiro de 18:30 a 20:00

Imparte Noelia Ron. Experta en alimentación natural e holística, formación en macrobiótica, alimentación anticancerosa e obesidade infantil.

Coach nutricional de Bocadodevida. https://bocadodevida.es/

Achega 20€

Os cereais integrais son básicos na nosa dieta porque aportan a enerxía imprescindible para o funcionamento do corpo e do cerebro. Debemos consumir cereais integrais e non refinados porque teñen tódolos nutrintes e non só azucres.

Se non tes moi claro como cociñalos, se ves eses cereais novos e te preguntas que podes facer con eles, se queres diversificar e introducir novos alimentos na túa dieta, non podes faltar a esta nova cita da man de Bocado de Vida. Cociñará para nós diferentes receitas que levaremos para a casa.

Se estas interesada ou interesado en aprender con Noelia, non dubides en inscribirte!

Faino antes do martes 21. Prazas limitadas!

Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

OBRADOIRO DE PAN NA CASA.

Venres 24 de xaneiro. 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00

Imparte Roi Agulla

Achega 60€ con todo o material incluído. Apuntes e receitas.

Aprenderemos a facer pan na casa de forma sinxela e divertida. Dende o primeiro minuto realizaremos diferentes receitas nas que veremos os pasos necesarios para converter a nosa casa nunha pequena panadaría artesanal. Todo con prácticas explicacións, trucos e consellos, para así, rapidamente dominar as principais técnicas da elaboración do pan.

Temario do obradoiro:

Introdución á panadaría na casa. Ingredientes básicos. Lévedos e masa nai natural. Ferramentas. Mesturado e amasado. Fermentación. Pregados. Boleado e formado. Corte e forneado. Conservación.

As receitas:

Barras con poolish. Ciabatta con biga. Pan de molde. Hogaza rústica de masa nai. Pan integral de masa nai con ameixas e abelás. Pan centeo fácil con masa nai.

Inscricións ata o martes 21 respondendo a este correo ou en Bico de Grao. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

ONDE NACEN AS HISTORIAS. Obradoiro para nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Xoves 30 de xaneiro

Grupo de 0 a 3 anos de 12:00 a 13:00

Grupo de 3 a 6 anos de 17:30 a 18:30

Imparte Sara Seijas, A chintofanería

Achega 10€

Centos de pezas soltas de papel e cartón para facer voar a imaxinación das nosas crianzas. Espazo preparado de xogo libre para nenas e nenos de 0 a 6 anos divididos en dous grupos.

Un espazo de apredizaxe alternativo con materiais de refugallo.

Prazo de inscrición ata o luns 27 de xaneiro.

Para facer efectiva a reserva e obrigado o pago no momento da inscrición.

 

Para inscribirse en calquera das actividades que teñan custo, é obrigatorio o pago, de polo menos, do 30% do total do prezo no momento da reserva para que esta sexa efectiva.

Bico de Grao S.Coop.Galega
Ronda das Fontiñas, baixo nº 226

27002 – Lugo

Telf. 982.807.935

bicodegrao@gmail.com