Coñece os artesáns participantes no Mercado de Nadal de Lugo

Lanalatum

DEC 2017 Os participantes no Mercado de Nadal da Deputación (situado diante dela) son todos profesionais de toda Galicia, que crean pezas propias. Os materiais que empregan son transformados dende unhas materias primas autóctonas: ferro, coiro ou cerámica, entre outras. Os 12 participantes son os seguintes:

– Adolfo Domínguez: Este artesán participa co posto Amalgama. Leva máis de 20 anos dedicados a traballar con xoiería e posúe unha tenda na cidade, Amalgama, na que ofrecen talleres e espazos para achegar á xente a artesanía.

– Roberto Lascano Lascano: Artesanía o mestizo é o nome do posto co que participa este artesán no Merca en Lugo polo Nadal. Roberto ten unha tenda online na que vende todos os produtos que produce con coiro como bolsos, mochilas ou carteiras entre outros, mesturando técnicas galegas e de distintos puntos do mundo como Sudamérica.

– Inmaculada Díaz Cabado: Esta artesá participa co posto Barro en vivo, como o nome do taller que ten na cidade de Lugo. Esta ceramista amosa parte do seu traballo como cuncos, animais ou debuxos animados, entre outros, que deseña, crea e pinta ela mesma. 

– Ana María Alonso Pérez: Esta artesá participa co posto Cabuxa, na que ofrece todo tipo de marroquinería en coiro como bolsos, mochilas, moedeiros ou billeteiras. Todo o proceso de creación cóidao ao detalle, dende a selección das peles en curtidurías nacionais e italianas sustentables, ata o procesado, a estampaxe e o ensamblado manual de cada peza.

Carla Alfaia: Esta artesá coruñesa realiza xoiería artesanal en prata de lei, concretamente coa técnica da filigrana.

– María Isabel Carril Quiroga: No seu posto Lanalatum ofrece artesanía utilitaria como pratos, vasos ou cubertos, tamén produtos de decoración y de xoiería: colares, aneis, pendentes, etcétera.  

– Ana Belén Barral Valiña: Esta artesá participa co seu posto Lucecús, crea complementos de moda con feltro e bonecos de lá realizados oa técnica de tecer xaponesa amigurumi. Todos os produtos son feitos a man e encárgase de todo o proceso, dende os deseños ata o empaquetado. 

– Mónica García Grandío: Dedícase á artesanía dende fai cinco anos, ao quedarse sen traballo e dispoñer de máis tempo libre comezou a facer cousas para a súa nena Marina, que da nome ao seu posto Complementos Mis Marinillas, no expoñe diferentes complementos de moda e deseño.

– Alfonso Otero Regal: O nome do posto é Regal Cerámica Artesán. É de Nois pero leva traballando todo a súa vida en Viveiro. Amosa os produtos de cerámica elaborados en gres a alta temperatura e decorados a man por el mesmo.

– Adriana Romaní Posse e Javier De Castro Rodríguez: son os dous artesáns que compoñen este taller de marroquinería situado no municipio da Pobra do Brollón. Levan máis de 20 anos traballando con curtido vexetal ecolóxico coa técnica centenaria do armado en coiro, que se poderá apreciar no seu stand Senda.

– Ana Isabel Novo Barreiro: Co seu posto Tres Caracoles, amosa todo o seu traballo co coiro como moedeiros, bolsos, fundas de móbil, entre outros complementos. Dedícase profesionalmente dende fai 5 anos e ten un taller/tenda na cidade de Lugo onde se exhiben todos os produtos feitos a man por expertos artesáns.

– Rosa María González Alonso: Co seu posto Zimzelatum ofrece pezas e coleccións de xoiería e decoración, partindo da materia prima (prata, cobre, alpaca ou latón normalmente en chapa) e decorándoas con técnicas de cincelado, batido ou picado.

ARTÍGOS RELACIONADOS

– Programación das actividades infantís no Mercado de Nadal de Lugo