Xa están a disposición dos e das lucenses o calendario do 2020 realizado con fotografías dos espazos verdes de Lugo ao longo do tempo: calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20. As fotografías son da colección Delgado Guisasola, custodiada no Arquivo Municipal, xunto con dúas instantáneas de José Luís Vega, pertencentes ao Fondo Vega, almacenado no Arquivo Histórico de Lugo, e fotografías de Salvador Castro Freire, que proceden dos negativos en cristal que facía no laboratorio da farmacia da que era dono. O calendario pódese recoller nas oficinas da área de Participación

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou a empregados do concello o calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20. “Co gallo da declaración de emerxencia climática feita polo Parlamento Europeo, e da aprobación da directiva Obxectivo 20/20/20, dende a área de Participación fixemos este calendario, centrándonos nos espazos verdes da cidade ao longo do tempo, custodiados no arquivo municipal”, indicou Cristina López.