Concerto de Los Moustros del Espacio Exterior

Concerto de Los Moustros del Espacio Exterior
Xoves 01 de outubro – 22:00 horas – Club Clavicémbalo de Lugo
Desde as profundidades de México e cunha misión moi clara: facer vibrar o mundo coa enerxía do rock & roll, Los Moustros del Espacio Exterior fusionan o son clásico dos anos 50 e 60 cunha proposta moderna, enérxica, chea de actitude e paixón.
Cun obxectivo claro, levar a súa música a cada recuncho do planeta. Conquistaron algúns dos escenarios máis importantes de México e as súas dúas recentes xiras por Europa son testemuño da súa traxectoria, deixando pegada entre os seus espectadores.
Sobre o escenario, son unha explosión de enerxía, paixón e moito baile, unha viaxe directa á era dourada do rock & roll, cun toque que che fará sentir máis vivo ca nunca.
Así se fan chamar:
Alfonso «REY DRAGON» — Voz
Ilán «BIRDMAN» — Baixo e coros
Celso «LOBOLOCO» — Batería e coros
Mike «CRAZYLES» — Guitarra e coros
Harry «EL HURACAN» — Saxo tenor
Job «WOLFIE» — Piano

