Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre: Francisco Javier Lanseros García con ‘Fragmento urbán’, dotado con 300 euros e tamén con trofeo e o correspondente diploma acreditativo.
Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización («casas»): Sara Hermo Alonso con ‘Ocupación vixiada’. Este galardón está dotado con 350 euros, trofeo e o correspondente diploma acreditativo.
O Premio do Público resolveuse en empate para as obras ‘Casas’ de Sara López Temes e ‘Dúplex con vistas ao Miño. Búscase compañeiro de piso’ de Esther López.
Tivo lugar na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, nun acto presidido pola vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana Iglesia. Ademais da vicerreitora, participaron Iria Castro Fernández, deputada provincial de Cultura, patrimonio histórico e lingüístico da Deputación de Lugo; Javier Vázquez Prado, concelleiro de Cultura e Educación do Concello de Lugo; e o coordinador do certame, Eduardo Ochoa.
O xurado estivo integrado por Eduardo Rodríguez Ochoa, coordinador do Maratón Fotográfico, que actuou como presidente; María Teresa Díaz Valcárcel, especialista en fotografía, familiar de Carlos Valcárcel e que actuou como vogal; Adrián Vázquez Rodríguez (Adra Pallón), fotógrafo, tamén vogal; e Paloma Lugilde Rodríguez, encargada de actividades culturais do Campus de Lugo, que sen voto exerceu a secretaría.
Ademais, unha ducia dos traballos presentados pasan a integrar unha mostra que pode visitarse na Biblioteca ata o vindeiro 14 de decembro.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es