20 anos, cinco discos moi distintos e unha banda experta na perversión, que se despide na cúspide o sábado 10/11 no Club Clavicémbalo de Lugo ás 20:00 horas
Novembro 2018 Hai cambio de sitio e hora pero non de día nin de grupo, así que o importante é que Nudozurdo tocará en Lugo este sábado 10/11 como tiña previsto. Os esforzos da organización (Teleclube) e a colaboración entre promotores culturais locais fixo posible que o concerto non caera definitivamente. O trío madrileño despedirase nunha das salas de concertos máis míticos de Galicia: o Club Clavicémbalo (20:00 horas)
Trasladamos o comunicado de Teleclube e vémonos no Clavi para disfrutar dun concerto irrepetible:
Por causas alleas a organización vémonos na obriga de trasladar o lugar de celebración do concerto de Nudozurdo o Sábado 10 as 20:00 cara o Clube Clavicembalo
Se non queres saír do círculo, adéntrate no Club Clavicémbalo o vindeiro 10 de novembro para gozares dun dos seus últimos concertos na xira de despedida que os traerá a Lugo antes da fin dos días.
Nudozurdo publica en 2017 “Voyeur Amateur”, un disco onde recuperan o selo de identidade, para moitos, da banda: desde o escuro post punk ao kraut rock, coa forza eléctrica e a contundencia da potente base rítmica, combinada cunhas letras paradóxicas ata o espasmo do oínte. Ao longo do ano 2018, a banda madrileña continuou xirando por todo o país presentando o que non sabiamos que sería o disco definitivo, o derradeiro de verdade, pois anuncian a súa retirada.
Tele-Clube ama a Nudozurdo desde os seus inicios ata a súa fin, e neste o noso primeiro ano de vida na cidade non podiamos deixar pasar a oportunidade de traer a Lugo á banda amada na súa xira de despedida, na única data en Galicia.
Con sorte, aínda que sexa novembro, todo poderá acontecer e, tal vez, esa noite, afirmemos: “Úrsula, hay nieve en casa”.
ENTRADAS: en el Ho! Gruf y en Wegow
Ricky Lavado, su batería, presentará o seu libro “Endora” en Lectocosmos ás 17:00