A mostra de pintura de Xaime Quesada en defensa dos dereitos humanos, inaugurarase o sábado ás 12:00 horas no Vello Cárcere. Posteriormente haberá unha visita guiada e unha actuación musical
A noite do venres no Clavi: concerto tributo a David Bowie coa banda Ziggy’s Project
As homenaxes con motivo do Día de Rosalía de Castro inclúen unha lectura pública de poemas o venres, a partir das 19:00 horas, na Biblioteca Municipal Isidro Novo e outra lectura pública da súa obra, o domingo, dende as 13:00 horas no Parque de Rosalía de Castro
A tarde do sábado: presentación do Esmorga Fest 2019 cun Guateque en O Mercado con Berta Franklin & Thee Blind Crows en concerto.
O Vello Cárcere tamén acollerá o concerto de Uxía Senlle, o venres dende as 20:30 horas. A entrada é libre ata completar cabida
Febreiro 2019 A axenda cultural desta fin de semana en Lugo está marcada pola estrea da exposición de Xaime Quesada: unha extraordinaria selección de cadros deste artista de prestixio mundial, a coñecida como Serie Amarela, que acollerá o Vello Cárcere de Lugo dende este sábado 23, nas celas da segunda planta.
A mostra inaugurarase ás 12:00 horas e posteriormente haberá unha visita guiada e unha actuación musical. Xaime Quesada ten pezas expostas en museos espallados polo mundo, como Londres ou París, e é quizais o artista galego de maior proxección, polo que suporá unha proxección internacional para Lugo e para o Vello Cárcere.
Para que a veciñanza luguesa e a cidadanía en xeral poidan gozar desta serie, o Concello asinou un convenio coa Fundación Xaime Quesada Blanco, no que se establece un prazo de sesión das obras, para a súa exposición, de catro anos.
Destaca tamén na axenda desta fin de semana as distintas homenaxes con motivo do Día de Rosalía de Castro:
- O venres, a partir das 19:00 horas, a Biblioteca Municipal Isidro Novo acollerá, a proposta do seu Club de Lectura, unha lectura de pública de poemas.
- O propio domingo, 24 de febreiro, tamén haberá outra lectura pública da súa obra, dende as 13:00 horas no Parque de Rosalía de Castro, a carón do busto da escritora. O Concello colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega con esta iniciativa, que ano tras ano gana máis adeptos.
A maiores, esta fin de semana, o Vello Cárcere tamén acollerá o concerto de Uxía Senlle, o venres dende as 20:30 horas. A entrada é libre ata completar cabida.
Outros 5 eventos destacados son:
Codex Cinema estrea “El libro de imágenes” de Jean-Luc Godard
Concerto: Ziggy’s Project. Tributo a David Bowie
Guateque Esmorga Fest 2019: Berta Franklin & Thee Blind Crows
Estrea da obra de teatro “In desmemoriam” de Sinovas Teatro