Xullo 2019 Un luxo: visitar unha exposición co propio autor, a comisaria e o coordinador da mesma. Un luxo ao noso alcance en Lugo: visitar a exposición «Flor Novoneyra» co propio pintor, Antón Lamazares, a comisaria da mostra, María Díaz, e o coordinador, Uxío Novo da Fundación Uxío Novoneyra.
Un luxo ao teu alcance o próximo xoves 18 de xulllo a partir das 20:00 e de balde no Museo Provincial de Lugo.
FLOR NOVONEYRA é un diálogo entre a pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra, a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: Palabra e Imaxe … a palabra feita imaxe, a imaxe feita palabra.
Trátase dunha fusión entre pintura e poesía conductuada a través do Alfabeto Delfín creado por Lamazares. «Flor Novoneyra», segundo as verbas do propio artista, sería o seu “testamento pictórico”, dedicado ao poeta do Courel, e que supón un encontro de dous xigantes internacionais da cultura galega.
Último día para visitar a expo: domingo 21 ás 13:00
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte