Este venres 10/01 comeza o ciclo «Lugo en Danza» – LED – con “Mercedes e mais eu” da artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón. Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire. Hora: 20:30
Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre “a súa danza e a súa música”, xorde a necesidade e o desexo de profundizar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de “estudio” a dita relación.
Desta forma, entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns deles de gran contido socio-político: identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva, xénero… e subxacen na maior parte dos materiais, desde os “obxectos” musicais aos danzísticos ou biográficos. Outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas: transo, enerxía, vibración… e aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
+ info: 010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350