O 2020 traenos a quinta edición dun Facela que está a darnos alegría tras alegría en cada confirmación. Desta volta os californianos The Schizophonics e desde Madrid, Terrier. Recordamos que as datas son do 14 ao 17 de maio en Lugo as entradas están á venda en Wegow.

THE SCHIZOPHONICS

Banda de rock, punk e garaxe con melodías afiadas, sixtie e moito fuzz desde San Diego (California). Explosivos en directo os seus concertos son unha apisonadora da que non podes escapar, poderoso son e posta en escea única e irrepetible.

Paat Beers e Lety Beers canalizan as influencias de James Brown, Stooges, Jimi Hendrix Experience, The Sonics, Little Richard e MC5 para crear grandísimas cancións como as do último disco «People in the sky».

TERRIER

Banda afincada en Madrid formada por Lili Laduquesa, Enrique Gutiérrez “Don Matías”, David Iñurrieta “Dave Petrone” e María Manolí. Terrier navegan entre o garaxe e o pop con melodías brillantes, base rítmica rotunda e eléctricos xogos de voces chica-chico que se alternan e confunden de forma gloriosa asegurando diversión e non deixar de brincar, unha pequena xoia oculta da música underground deste país.