O venres, 7 de febreiro, a lucense María Reimóndez presentará a súa última novela, As Estacións do Lobo, no patio do vello cárcere ás 20 horas. 

A novela de María Reimóndez ten como protagonista a Clara, unha adestradora canina, mais tamén a cidade de Lugo. 

O sábado 8 de febreiro, María Reimóndez organiza un roteiro polos lugares da cidade de Lugo que saen na novela.

Comezará ás 11.00 horas na gasolineira de San Rafael, Avda da Coruña 310, cunha duración aproximada de 2 horas, e rematará na estación de autobuses.

«Iremos camiñando sen présa e parando en diferentes lugares”, indicou María Reimóndez, que engadiu “procuraremos que o paseo sexa relaxado, tamén para os cans participantes”.

As persoas que desexen inscribirse deberán anotarse no seguinte formulario:

https://forms.gle/32x9AJvKo6Lw2Ssm7

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que pechará o día 7 de febreiro ás 20 horas.

Portada de As estacións do Lobo