A programación cultural do Local Hipócrita do mes de marzo, no que se celebran o Día Mundial do Teatro e o Día Internacional da Muller, estará protagonizada por mulleres.
O vindeiro fin de semana a compañía lucense Ubú Teatro, promovida por Ana Carreira, actriz, narradora e dramaturga, presentará a obra “O vixilante dos soños”, unha peza para público familiar na que comparte escena con Marga Portomeñe, actriz e artista plástica. As funcións terán lugar o sábado (día 7) ás 18:30h e o domingo (día 8) ás 12:30h.
O venres 13, ás 21h, haberá unha sesión de narración oral para público adulto, titulada “Arrolando as frores”, da man e da voz de Vero Rilo, narradora e docente.
O día 27, tamén as 21h, Alma Selene, cantante soprano, actriz, e escritora afincada en Lugo, presentará “Quereres” un espectáculo musical, teatral e poético que homenaxea a Federico García Lorca, no que conta co acompañamento do músico lucense David Taboada.
ENTRADAS
hipocritateatro@gmail.com