O mapa interactivo que recrea a elevación do nivel do mar na Península Ibérica para o ano 2100, desenvolto pola empresa galega Ilux Visual Technologies para Afundación, mostra como será ría de Viveiro – entre outras – no 2100.
O mapa interactivo que recrea a elevación do nivel do mar na Península Ibérica para o ano 2100, desenvolto pola empresa galega Ilux Visual Technologies para Afundación, é todo un éxito e leva xa máis de 15.000 visitas.
Elaborado dentro do intenso programa de actividades de concienciación ambiental impulsado pola Obra Social de ABANCA durante o mes de xuño no marco do seu programa de Sustentabilidade, o mapa interactivo elaborouse a partir de datos procedentes de diferentes estudos científicos internacionais sobre a previsión da elevación do nivel do mar no ano 2100. Podemos ver a ría de Viveiro e moitos outros puntos das costas galegas e cantábricas.
A saúde dos océanos está a deteriorarse debido ao aumento das temperaturas, a acidificación da auga, o esgotamento dos recursos naturais e a contaminación dos ecosistemas terrestres e marítimos. Mostra, para un total de 62 puntos costeiros da Península Ibérica, a situación no ano 2020 e a estimación do terreo que quedaría por baixo do nivel do mar no ano 2100, segundo a interpretación dos estudos realizados
por Climate Central, unha organización independente formada por científicos e xornalistas, que investigan sobre o cambio climático e informan á sociedade sobre os achados crave. O obxectivo desta recreación é informar sobre a urxencia e a importancia a escala mundial de conservar un océano saudable para as xeracións actuais e futuras.