ABRIL 2018 

O xurado profesional do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu este venres outorgar o premio a Xosé Cid Cabido,  pola obra «Tres pintores».

Os membros do xurado reuníronse  baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto pola filóloga, escritora e guionista Carmen Conde, o mestre, dramaturgo, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez, e o ensaísta, crítico e editor, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

Fonte: Gab. Com. Concello

A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.

Xosé Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959) é un escritor galego coas seguintes obras publicadas:

Narrativa

  • O intercepto, 1986, Xerais (relatos)
  • Foumán, 1987, Xerais (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
  • O camiño de Middelharnis, 1988, Xerais (prosa fragmentaria)
  • Días contados, 1991, Xerais (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
  • Panificadora, 1994, Xerais (novela, Premio Blanco Amor)
  • Oralmente pola boca, 1997, Xerais (relatos)
  • Grupo abeliano, 1999, Xerais (novela, Premio Blanco Amor)
  • Fálame sempre, 2003, Xerais (relatos)
  • Blúmsdei, 2006, Xerais (novela)
  • Unha historia que non vou contar, 2009 (novela)

Teatro

  • Copenhague, 1993, Xerais (teatro, co-autor con A. Vila, premio Álvaro Cunqueiro, 1992)

Obras colectivas

  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • Materia prima, 1992, Xerais.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
  • Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.
Fonte: wikipedia