Desde Antela Editorial – Ourense – veñen de publicar «Soños de Cajamarca» e «Sueños de Cajamarca», dúas antoloxías de contos e poemas para cativos, de diferentes autores de renome dentro da literatura infantil e xuvenil, algúns deles, lucenses: Antía Yañez (Burela) e Francisco Narla (Lugo). Ademáis de: An Alfaya, Miguel A. Alonso Diz, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M. Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela, , Ana Alcolea, Joan Manuel Gisbert, Alfredo Gómez Cerdá, Raquel López Cascales, Pilar Mateos, , Mila Oya, Jordi Sierra i Fabra, MarinellaTerzi, Esther Vázquez.
Atópanse xa dispoñibles en librerías de Galicia e tamén na súa web.
Estas dúas obras colaboran na labor levada a cabo pola asociación sen ánimo de lucro Aulas Abiertas comedores escolares, en Perú, xa que 2,5 eur de cada libro se destinarán a ese proxecto.
Grazas a Aulas Abiertas, 1000 cativos sen recursos poden acceder a unha comida diaria de calidade, favorecendo ademais a súa escolarización.
Para logralo, estes autores participan nas antoloxías de forma desinteresada, cedendo os seus dereitos, cuxos beneficios destínanse á ONG.