Programa do ciclo "Atopémonos Bailando"

Os días 13, 16 e 17 de abril terá lugar no auditorio municipal Gustavo Freire o ciclo de danza contemporánea «Atopémonos danzando», tal e como presentaron a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con integrantes do Colectivo Glovo.

“Este ciclo reunirá a compañías emerxentes da danza contemporánea galega e lucense, ás que se unirán a investigadora Sabela Mendoza e a xornalista Nieves Neira”, explicou Maite Ferreiro. Entre as compañías locais e galegas convocadas atópanse Alejandra Balboa, Cía Exire (Alba Fernández Cotelo e Estefanía Gómez), Fran Martínez, Diego Buceta e Cris Vilariño.

Maite Ferreiro afirmou que “o ciclo Atopémonos Bailando é un encontro do público coa creación a través dunha programación de pezas curtas de danza acompañada de obradoiros para achegar este tipo de espectáculos á veciñanza”. Atopémonos bailando acolleu xa unha residencia de reactivación do espectáculo Mapa de Colectivo Glovo tras a parada provocada pola COVID-19 para unha posta a punto ante a xira do 2021 do espectáculo, que foi seleccionado no circuito nacional Danza A Escena 2021.

PROGRAMA ATOPÉMONOS BAILANDO 2021:

Obradoiros:

13 de abril de 17.30h a 19.30h. Obradoiro de Cris Vilariño en Escola Palimoco. Para nenas e nenos de 9 a 12 anos.

16 de abril de 12h a 14h (streaming). Obradoiro de Fran Martínez no Conservatorio de Danza de Lugo. Para alumnado do Conservatorio.

17 de abril de 10h a 11.30h. Obradoiro de Alejandra Balboa no MIHL. Para todos os públicos. Día 17 de abril de 12h a 13.30h. Obradoiro de Cía Exire no MIHL. Para estudantes de danza de todas as idades.

17 de abril de 16h a 17.30h. Obradoiro de Diego M. Buceta + Atenea García no MIHL. Actividade para todos os públicos sobre identidade de xénero.

Inscricións de balde en: colectivoglovo@gmail.com

Programación:

16 de abril ás 20h. Funcións de Alejandra Balboa, Cía Exire e Diego M. Buceta. Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

17 de abril ás 20h. Funcións de Cris Vilariño, Colectivo Glovo e Fran Martínez. Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

ENTRADAS – entradaslugo-