Danza - Gala "Microdanzas"

Despois de un curso complexo, entre ensaios con máscaras, clases non presenciais e multitude de incertezas, o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo volve a subirse ao escenario do Auditorio Gustavo Freire para celebrar as súas tradicionais galas de clausura.

Este ano estas terán lugar en formato de microgalas, en pequenas quendas, para poder garantir todas as medidas de seguridade en relación aos aforos, ás distancias e aos grupos de convivencia estable do centro.

Les petites suites son as catro galas de grao elemental, inspiradas nos ballets de repertorio, que terán lugar o luns 3 de maio, ás 16, 17,30, 19 e 21h.
As microdanzas de grao profesional presentaranse o martes 4 (16, 18,30 e 20,30h.) e o mércores 5 de maio (17, 19 e 21h.) e contarán cun programa máis ecléctico, no que participará o alumnado da especialidade de danza clásica e de danza contemporánea do centro.

As entradas son de balde e están a disposición do público xeral na páxina https://entradaslugo.es/e na billeteira do auditorio media hora antes de cada
representación. 

Con estas galas inicia a recta final do curso para o Cdan de Lugo, que culminará coas probas de acceso para o novo alumnado a primeiros de xuño. O prazo de inscrición estará aberto do 3 de maio ao 1 de xuño.