O equipo de investigadores da USC liderado desde o Campus de Lugo pola catedrática de Xenética Laura Sánchez Piñón que impulsa novas liñas de
estudo en peixe cebra sobre as causas que orixinan os defectos conxénitos de glicosilación (CDG) a través do proxecto ‘Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras’ , organiza este xoves 8 de xullo unha gala benéfica no hotel Méndez Núñez da capital luguesa para recadar doazóns a prol desta iniciativa de I+D que xa suma máis de 20.000 euros de doazóns a través da plataforma de crowdfunding www.precipita.es da Federación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
O evento solidario programado desenvolverase a partir das 20.00 horas e consistirá nunha cea benéfica na terraza do hotel Méndez Núñez, á que seguirá un espectáculo de ilusionismo a cargo do Maga Rafa, así como a actuación ao vivo da monologuista Carmen Méndez e o DJ Aleks Kaiser.
As persoas que acudan á gala contribuirán cunha doazón de 40 euros a esta iniciativa a prol da investigación sobre enfermidades raras. O público interesado xa pode formalizar a súa reserva para o evento de carácter benéfico a través dos números de teléfono 982 230 711 ou 617 280 217
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte