A área de Xuventude oferta catro rutas a pé polo Camiño dos Faros, un sendeiro en auxe nos últimos tempos que enxalza os faros e outros numerosos puntos de interese da Costa da Morte.

A participación é gratuíta. Seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo.

Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo.

Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.

E sempre e cando queden prazas vacantes, poderá inscribirse o resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.

Rutas a pé polo Camiño dos Faros:

10/07

Camiño dos Faros pola costa: 1ª etapa: Malpica – Niñóns

Distancia: 22 km Dificultade: Alta

 

24/07

Camiño dos Faros pola Costa: 2ª etapa: Niñóns – Ponteceso

Distancia: 26 km Dificultade: Alta

 

14/08

Camiño dos Faros pola Costa: 3ª etapa: Ponteceso – Laxe

Distancia: 25 km Dificultade: Moderada-Alta

 

28/08

Camiño dos Faros pola Costa: 4ª etapa: Laxe – Arou

Distancia: 18 km Dificultade: Moderada

 

O punto de partida e de chegada de todas as rutas é a Casa da Xuventude. A Concellería solicita avisar no caso de ter praza e non poder asistir.