A segunda edición do festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade de Lugo, comezará co II combate de pintura mural, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística
«Retomamos por segundo ano esta proposta que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de moitas rúas de Lugo», explicou Rubén Arroxo.
As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 13 de agosto, e as e os artistas interesados en participar deberán achegar un currículo e un dossier cos seus proxectos e traballos máis relevantes.
O 17 de agosto comunicaranse os artistas seleccionados para participar no II combate de pintura mural, que terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.
Promoven área de Cultura e Espazo LUPA Arte
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte