Toma boa nota das datas: sábado 18 e domingo 19 de setembro VAIA VAIA 2021!!!!, segunda edición do encontro de fanzines e autoedición de Lugo.

Trátase dun evento que tenta difundir a escena artística e creativa máis descoñecida da cidade de Lugo e de toda Galiza, a través da cultura do fanzine, que xa tivo moito éxito na súa primeira edición.

O obxectivo deste encontro non é outro que acoller durante un par de días unha feira de autoedición – «Mercadiño de Fanzines e Derivados» – e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas, axudando a situar a Lugo como un referente artístico-cultural, abrindo as portas a proxectos e persoas amateurs ou/e que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características.

O mercadiño de fanzines e derivados será o punto de encontro principal ao redor do cal se organizarán diversas actividades como obradoiros, mostras, charlas, mesas redondas, proxeccións, concertos etc. abarcando contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais.

Lugar: O Vello Cárcere e a súa contorna

Entrada: gratuíta

Se estás interesadx en participar no mercadiño só tes que encher e enviar o seguinte formulario antes das 23:59 do día 1 de setembro.

Se estás interesadx en facer unha intervención efímera no patio exterior de O Vello Cárcere que poderá visitarse polo público durante a fin de semana do evento só tedes que cumplimentar o formulario e enviar a información requerida no mesmo ao email hola.vaiavaia@gmail.com antes das 23:59 do día 1 de setembro.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, afirmou durante a presentación do evento que conta co apoio da área de Cultura do Concello que “VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo” que engadiu “con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características”.

 

VAIA VAIA FACE

VAIA VAIA INSTA