@garcia_beade @elise.pdf @mama.rracha @otropablolopez @colectivolag @serxioponce estarán no ciclo de arte vivo MEXER, que achegará ao MIHL 6 performances artísticas durante o 21 e o 22 de agosto.
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo presentou xunto coas integrantes da galería de arte Solaina o ciclo: “a performance é un xénero dentro da cultura que está a ter unha gran acollida por parte de moitas artistas galegas, e actualmente está a ter un papel importante e fundamental na arte de vangarda”.
A entrada ás distintas performances será libre ata completar a cabida de cada unha das ubicacións.
O ciclo de performances MEXER está organizado pola galería de arte Solaina, e conta coa colaboración da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte